A situación actual do patrimonio cultural en Galicia é o título das xornadas que celebra o Consello da Cultura mañá e mais o mércores na súa sede de Compostela. No encontro realizarase unha ampla panorámica polos diferentes aspectos dos bens patrimoniais do noso país, atendendo a cuestións como as bibliotecas e arquivos, o patrimonio industrial e de infraestruturas viarias, os bens de carácter etnográfico ou os plans directores entre outras. Marcial Gondar, Pegerto Saavedra, Alfredo Vigo Trasancos, Manuel Vilar Álvarez, Concha Varela Orol, Cristina Sánchez Carretero,Carlos Nárdiz, Xan Carmona, María García Alén e Iago Seara serán os responsables de expor os diferentes relatorios do evento, que contará coa presenza doutros destacados especialistas nesta cuestión.