Ferrol acolle o V Congreso sobre Patrimonio Industrial

No evento participan estudosos destes bens de todo o estado

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Experiencias de recuperación e documentación encol de patrimonio industrial en todo o Estado danse cita desde hoxe e ata o vindeiro día 28 no V Congreso Conservación do Patrimonio Industrial e da Obra Pública en España que se celebra en Ferrol. No encontro amosaranse diferentes experiencias de recuperación neste campo, coma as Minas de Fontao, en Vila de Cruces, e debateranse criterios de catalogación deste tipo de bens. No programa, canda ás intervencións dalgúns dos máis destacados especialistas do Estado neste campo, inclúense visitas a diferentes exemplos de patrimonio industrial en Galicia coma o muíño de Xuvia, o encoro de Portodemouros, as instalacións de ASTANO ou os arsenais militares de Ferrol entre outros.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Búscanse fábricas

Búscanse fábricas

O inventario do Patrimonio Industrial marcará as bases para a recuperación destes bens

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Vila de Cruces

Claves