As Pontes acollerá un congreso internacional sobre patrimonio industrial

O encontro celebrarase entre o 5 e 8 de xullo centrado na recuperación do territorio

12/4/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Comité Internacional para a conservación e a defensa do Patrimonio Industrial (TICCIH) celebrará nas Pontes o seu sétimo congreso. A vila acollerá entre os vindeiro 5 e 8 de xullo este evento que ten como lema "Patrimonio industrial, repercusións ambientais e estratexias de rexeneración territorial" e que se artellará en catro eixes, paisaxes a ceo aberto, estratexias de rexeneración territorial, repercusións medioambientais e turismo industrial. O encontro, que conta co apoio da Deputación da Coruña, contará con investigadores de países como Alemaña, Italia, Portugal e España. Ademais dos diferentes relatorios e mesas redondas previstas, o programa inclúe tamén a realización do itinerario Luz, Agua e Carbón. Paisaxes a ceo abierto e unha ruta guiada polas Fragas do Eume, con visita a centrais hidroeléctricas incluída.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con As Pontes, Turismo, Deputación da Coruña, Eume...