Xoán Carmona coordinará o inventariado do patrimonio industrial galego

Dosier: Patrimonio Industrial

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai xa dous anos o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, anunciou no Parlamento a catalogación do patrimonio industrial galego. Agora, a coincidir co congreso que sobre esta cuestión está a se celebrar en Ferrol, Arias sinalou que están a se celebrar os estudos previos do proxecto, e que é o catedrático en Historia Económica da Universidade de Santiago, Xoán Carmona, o coordinador dos traballos. Carmona conta coa colaboración da recentemente creada Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, que preside Manuel Lara, profesor da Universidade da Coruña. Coñece máis sobre estes bens patrimoniais no noso dosier.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Búscanse fábricas

Búscanse fábricas

O inventario do Patrimonio Industrial marcará as bases para a recuperación destes bens

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Universidade da Coruña, Ferrol, Allariz