Camus protagoniza unhas xornadas do Consello da Cultura

Analizarase a súa figura e a pegada que deixou en Galicia entre os días 3 e 3 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Camus protagoniza unhas xornadas do Consello da Cultura

A sección de Pensamento e Sociedade do Consello da Cultura Galega organiza para os vindeiros 3 e 4 de decembro unhas xornadas sobre a figura e o traballo do pensador por excelencia do existencialismo, Albert Camus. A vixencia do seu pensamento, o seu vencello coa mobilización política ou a pegada que deixou en Galicia serán cuestións que se abordarán no encontro. Germán Cano, da Universidade de Alcalá de Henares, Miguel Morey da Universitat de Barcelona, Alberto Moreiras da Texas A&M University ou Arturo Leyte da Universidade de Vigo son algúns dos relatores destas xornadas.

Pola súa banda, Xesús Alonso Montero, Bieito Iglesias, Damian Villalaín e Carlos Fernández abordarán diferentes aspectos sobre pegada que o pensamento de Camus ten deixado na cultura e na literatura galega.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Camus chegou tarde

Camus chegou tarde

O encontro sobre o filósofo no Consello da Cultura minimiza a súa incidencia nos nosos intelectuais

Trinta anos no pensamento

Trinta anos no pensamento

Analizamos a pegada da Semana Galega de Filosofía o pensamento galego no seu trixésimo aniversario

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arturo Leyte, Albert Camus, Universidade de Vigo, Consello da Cultura Galega...