Propostas galegas optan aos premios Expocómic

Está aberto o prazo de votacións para estes galardóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Ata o vindeiro 12 de decembro está aberto o prazo de votacións para os Premios Expocómic. Como cada ano, estes galardóns estatais queren recoñecer as mellores obras e autores de banda deseñada mediante elección aberta vía web. Aínda que hai unha serie de obras candidatas de partida, o propio público pode engadir as súas propias propostas. Entre os finalistas nas listaxes xa se poden atopar varias obras e autores do país.

Así, na categoría de mellor debuxante nacional atopamos a Emma Ríos, Das Pastoras e David Rubín. Ríos repite co seu Bella muerte como candidata á mellor obra internacional, mentres Rubín ve o seu Beowulf nas categorías de mellor obra e mellor guión, polo traballo de Santiago García. Finalmente, La luz de Antonio Seijas foi tamén nominada como mellor obra do ano 2014.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Das Pastoras, Antonio Seijas, Emma Ríos...