O Museo de Antropoloxía Sotelo Blanco convoca unha xornada de Portas Abertas

Será o vindeiro sábado 22 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Co obxectivo de dar a coñecer as coleccións antropolóxicas e etnográficas que a Fundación Sotelo Blanco atesoura no seu museo de Santiago, un grupo de alumnos da USC organiza unha xornada de portas abertas para o sábado 22 de novembro. Entre as 10 e as 19 horas se ofrecerá unha programación de actividades tradicionais, conferencias e narración oral. Durante todo o día, haberá mostras de alfarería tradicional de Buño, sobre vestimenta tamén tradicional e a mediodía haberá contos a cargo de Charo Pita e unha conferencia sobre patrimonio inmaterial a cargo do antropólogo Marcial Gondar. Pola tarde, zoqueiros e pandeireteiras animarán o serán. Está previsto que este Museo de Antropoloxía se traslade a Ourense.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antropoloxía, Sotelo Blanco, Charo Pita, Marcial Gondar...