Apenino lánzase ao galego con Viravolta

O novo disco do músico ourensán presenta catro temas na nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Apenino lánzase ao galego con Viravolta

Por vez primeira Marco Maril, Apenino, achégase ao galego na súa carreira musical. Viravolta, o seu novo traballo, conta con catro dos seus sete temas na nosa lingua, entre eles o single de presentación Conversa ultramarina, inspirado no traballo de Lois Pereiro. O músico compostelán manten a súa posta polo electropop, e crea ambientes sonoros coidados e complexos nun novo traballo que sae en formato de vinilo 10" con código de descarga de MP3 da man de Jabalina Records. O volume foi gravado este verán con Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro e sairá á venda de xeito oficial o vindeiro 17 de novembro aínda que xa está dispoñible en prevenda. Apenino participou o pasado martes 5 cun concerto no Ukelele Kit Project en Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, Santiago de Compostela, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Ourense