Eduard Velasco gaña o XXVII Premio Pérez Parallé

Ruído de trens impúxose no galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ruído de trens é o título do poemario co que o catalán Eduard Velasco se impuxo na vixésimo sétima edición do premio Pérez Parallé. O autor verá publicado o seu traballo na editorial Espiral Maior, ademais de levar 1.000 euros en metálico e unha escultura de Francisco Pérez Porto. O xurado destacou, canda á obra premiada, os textos presentados baixo os lemas "Xarda" e "Malãkh" e realizou unha declaración na que denunciou "a censura normativa pola que veñen sendo vitimados galegos e galegas que viven a súa lingua como sendo común coa doutras sociedades" así como a súa adhesión á campaña Galego em liberdade da Associaçom Galega da Língua. O premio entregarase o vindeiro 15 de novembro na sede do Círculo Mercantil de Fene.

Gonzalo Hermo, Mariña Pérez Rei y Carlos Quiroga,

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eduard Velasco, Gonzalo Hermo, Mariña Pérez Rei, Espiral Maior...