Só un grao galego entre as setenta carreiras con mellor inserción laboral

Filoloxía galega é a sétima peor carreira do Estado

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

O estudo "Inserción laboral de los estudiantes universitarios", elaborado polo Ministerio de Educación en colaboración cos Consellos Sociais universitarios, presentouse esta semana e non son datos bos para a educación galega. Neste caso, entre as setenta con maior porcentaxe de titulados con traballo tan só se sitúa unha galega: Enxeñería Informática, na Universidade de Vigo, no posto 39º e co 90,5% dos seus titulados afiliados á Seguridade Social aos catro anos de licenciarse. Entre este escuro panorama, é especialmente preocupante a posición de Filoloxía Galega, que é a sétima peor carreira para atopar traballo en todo o Estado.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Ministerio de Educación, Universidade de Vigo, Seguridade Social