O INE revela que os estudiantes galegos tardan dous anos en atopar traballo

Menos é máis

Máis datos para empezar o ano. Son os da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do Instituto Nacional de Estadística (INE) que mide a tradanza en atopar un posto de traballo e o nivel de estudios acadados por mozos con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. E os números podemos traducilos nunha máxima: " a máis formación, tardas menos tempo en atopar traballo". E no noso caso particular, en Galicia a media de tempo desde que acabas de estudiar e te pos a traballar é de 29 meses. Se precisamos un pouco máis, temos que ese tempo é menor para os universitarios e maior para os que só teñen estudios primarios.

Datos e datos

O nivel de estudios está directamente relacionado co tempo no que un estudiante tarda en atopar traballo. De feito, segundo se revela nas últimas estatísticas que acaba de facer públicas o INE, son os que dispoñen de estudios superiores os que menos tardan en atopar traballo (exactamente unha media de 46 meses). Os que máis tardan en atopar emprego significativo son os que dispoñen de estudios primarios (que poden tardar ata 46 meses en atopar un emprego significativo). E iso, tomando como referencia o que o INE chama emprego significativo que consiste nun contrato laboral cunha duración mínima de seis mese e cunha xornada de, polo menos, vinte horas semanais.
Nesta mesma enquisa do INE, revélanse os datos sobre o abandonos do sistema educativo (que está directamente relacionado coa búsqueda de emprego), e amosa que Galicia está na media da situación española. De feito, o 40% dos mozos que saíron da universidade nos últimos dez anos terminaron as súas carreiras. Polo demais, a porcentaxe de abandono na Primaria (dun 30%) e de Secundaria (un 22%) atópase dentro da normalidade tendo en conta o que acontece no resto das comunidades autónomas.
Estes resultados son, para a Consellería de Educación, uns resultados positivos segundo cita hoxe La Voz de Galicia. Unha afirmación feita con reservas, xa que segundo cita o xornal, a Consellería evitará pronunciarse ata que dea a coñecer os datos dun estudio que andan elaborando sobre o abandono dos estudios e o fracaso escolar. De momento, os datos que si facilitou a Consellería son as porcentaxes das ocupacións en función do seu título en Galicia. Así con título superior o 40% son técnicos ou intelectuais. Con titulación media o 55´9% son administrativos; e con estudios primarios, o 55% dedícanse á manufactura construcción ou minería.












Comparacións non tan odiosas


O feito de buscar traballo e abandonar os nosos estudios antes de telos concluídos, é un índice que o INE mide para todas as Comunidades Autónomas. E se votamos un ollo e facemos comparacións a situación galega atópase no medio. No medio da media. De feito, tanto para o bo (atopar traballo) como para o menos bo (deixar os estudios) as táboas revelan unha posición media para Galicia. Estamos en noveno lugar en tempo (contabilizado en meses) para atopar traballo. Un tempo que oscila entre os 24 meses para os que teñen estudios superiores e os 46 meses para os que só dispoñen de estudios primarios. Os máis rápidos son os de Navarra (cunha media de 20.5 meses), seguidos de Aragón, a Comunidade Valenciana e Castela e León. E os máis lentos son La Rioja( con 33´9 meses), Extremadura e Andalucía.