Desde que en Galicia hai sete campus repartidos en tres universidades licéncianse ao ano 11.500 mozos. Unha cifra que non medra igual ao número de empregos. De feito, un de cada dez parados de Galicia, segundo os datos do primeiro informe sobre inserción laboral dos titulados en Galicia, ten estudos universitarios. Os datos máis actuais acaban de revelar que este ano houbo un descenso de 1.452 parados con respecto ao ano pasado, que nos sitúa en 15.794 persoas en paro. Segundo o mesmo estudo, unha das carencias do titulados galegos é a súa formación práctica, polo que insta a mellorar a relación entre a empresa e a universidade.
Máis información en La Voz de Galicia