O índice de analfabetismo reduciuse á metade mentres medra o paro entre os titulados superiores

Máis educación, menos traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
En dez anos o índice de analfabetismo en Galicia pasou do 26% (en 1994) a algo menos do 10%. No mesmo período duplicouse o número de galegos que contan con estudos superiores, chegando ao 17,33% da poboación, segundo revelan os datos do Instituto Nacional de Estatística. No entanto, e segundo un estudo da "Fundación Conocimiento y Desarrollo", o índice de paro entre estes titulados é superior ao daquelas persoas que só contan con estudos primarios. Os universitarios galegos contan cunha taxa de desemprego do 16,5%, un punto por riba da media estatal.

Máis información en Galicia Hoxe e en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Galicia Hoxe, Faro de Vigo, Instituto Nacional de Estatística...