Manicómicos celebra dez anos de festival na Coruña

O centro Ágora e a Sala Garufa acollen o programa ata o vindeiro día 26

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Manicómicos celebra dez anos de festival na Coruña

A XIV edición o Festival Manicómicos é tamén a do décimo aniversario desta iniciativa. O paradoxo enténdese se temos en conta que durante varios anos o evento contaba cunha edición de verán e outra de inverno e mais que botou varios anos sen se celebrar. Ao final, o que a Coruña acolle a partir deste 25 de outubro é un programa que celebra dez anos de clown e que conta con Hilary Chaplain como grande estrela. Para alén de actuar, a americana imparte desde o pasado día 21 un obradoiro de comedia física. Canda a ela, nesta edición poderá verse ata o vindeiro día 26 o traballo de artistas como Malas Compañías, Arturo Nono, Almove ou O Retrete de Dorian Gray entre outras.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Centro Ágora, Comedia, Obradoiro

Claves

Conceptos