Galicreques celebra a súa XVI Edición

Dezasete espectáculos compoñen un programa que se poderá ver a partir do 1 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cartel da edición 2011 de Galicreques

Cartel da edición 2011 de Galicreques

Malia a un lixeiro descenso no número de espectáculos, 17 fronte aos 25 do pasado ano o ou o 19 de 2009, Galicreques volta a compostela na súa XVI edición. O Festival de Títeres comeza a súa andaina o vindeiro 1 de outubro cun programa que, para alén de representacións, ofertará cursos de formación, obradoiros, exposicións, mesas redondas, presentación de publicacións e a entrega do Premio Galicreques 2011. O evento conta coa presenza de compañías de Perú, Uruguai, México, Arxentina, Costa Rica, Chile, Brasil, Colombia, Cuba Portugal e España. Entre as obras que se poderán contemplar hai versións de contos clásicos como ¡El patito feo! (a cargo de A la sombrita) ou Juanito y los frijoles mágicos (por La bicicleta) ou La bella durmiente (de La estrella) canda a adaptacións literarias como O Nariz, de Nikolay Gogol (a cargo de Marionetas, Actores & Objectos) así como producións orixinais.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicreques, Clásicos, Contos, Exposicións...