O Festival Manicómicos volta á Coruña

Celebrará en setembro a súa nova edición, logo de dous anos suspendido

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Logo de dous anos sen se celebrar, o Festival Manicómicos voltará á Coruña a partir do vindeiro catro de setembro. As rúas, os autobuses, os mercados ou os escenarios do Fórum Metropolitano e do Teatro Rosalía de Castro acollerán as actuacións desta XIII edición do evento, que contará con Pepe Viyuela como principal convidado. Canda a el, Confetti Brothers Productions, Elefante Elegante ou Yoni Mediogramo fan parte do programa, que conta co apoio do Concello e mais da Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Teatro, Fórum Metropolitano, Teatro Rosalía de Castro...