A Coruña acollerá do 4 ao 8 de setembro a XIII edición do Festival Manicómicos

Alén dos espectáculos haberá unha mesa redonda para falar dos escenarios alternativos

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
A Coruña acollerá do 4 ao 8 de setembro a XIII edición do Festival Manicómicos

O humor e a comedia volven ás salas, rúas e bares coruñeses en setembro. Será do 4 ao 8 deste mes cando se celebre a XIII edición do Festival Manicómicos. Un encontro que organiza a asociación cultural que dá nome ao festival e que conta co apoio do concello que cede espazos e medios técnicos para facer posible este encontro. Agás a presenza do humorista Pepe Viyuela, todas as compañías e artistas que compoñen o cartel deste ano son galegos. Os prezos das entradas oscilan entre os 5 e os 15 euros. Alén das representacións, destaca na programación unha mesa redonda que falará da situación e perspectivas de futuro dos escenarios alternativos.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, A Coruña, Comedia

Claves

Conceptos
Lugares