A galega Ana Pérez Ventura gaña o premio Artensión

O seu traballo impúxose a máis de 400 obras de todo o mundo no certame parisino

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A galega Ana Pérez Ventura gaña o premio Artensión

Étude nº 187 é o título da obra coa que a artistas compostelá Ana Pérez Ventura conseguiu facerse co prestixioso premio Artensión. O xurado desde galardón internacional, composto por críticos, daba a coñecer onte en París o resultado das súas deliberacións, dando como vencedora a creadora galega entre as máis de catrocentas obras que concorreron ao certame. A obra premiada é un cadro no que a autora explora os vencellos entre música e pintura, mediante a repetición de patróns de movementos, ao xeito dun estudio para piano.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves