Relanzan a candidatura da tradición oral galego-portuguesa a Patrimonio da Humanidade

Cúmprense dez anos dos inicios das campañas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Cun acto de gran carga simbólica no salón de actos do Consello da Cultura Galega, os promotores da candidatura da tradición oral galegoportuguesa a Patrimonio da Humanidade, encabezados polo seu coordinador, o profesor Santi Veloso, anunciaron o relanzamento da campaña para que a UNESCO recoñeza a cultura e lingua común galegoportuguesas dentro da súa lista de recoñecemento. Hoxe cumpríanse dez anos do inicio das primeiras actividades de visibilización e promoción da candidatura. Os coordinadores chamaron a atencións sobre a relevancia do apoio das administracións dos dous Estados implicados e fixáronse como prazo da campaña ata novembro de 2014.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Patrimonio da Humanidade, Consello da Cultura Galega, UNESCO