A candidatura da Torre de Hércules supuxo un investimento de oito millóns de euros en dous anos

Cultura pon hoxe en marcha unha campaña de recollida de sinaturas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Quedan 12 días para que a Unesco decida se a Torre de Hércules pasa finalmente a facer parte do listado de monumentos declarados Patrimonio da Humanidade. Para apoiar a candidatura neste tramo final, a Consellaría de Cultura acaba de por en marcha unha campaña de recollida de sinaturas que se desenvolverá por varias cidades ata o día 20 de xuño. Esta é unha das últimas iniciativas dunha campaña que, segundo declarou o alcalde da Coruña, Javier Losada, a Xornal de Galicia supuxo un investimento de máis de oito millóns en dous anos.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Parabéns!

Parabéns!

A Unesco recoñece a Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, UNESCO

Claves

Entidades