Un desfile de moda apoia a candidatura da Torre de Hércules

Faltan catro días para que se coñeza o veredicto da Unesco

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A falta de 4 días para que o Comité da Unesco decida que monumentos que pasan a ser declarados Patrimonio da Humanidade , a candidatura da Torre de Hércules segue a sumar apoios populares. O Conselleiro de Cultura entregoulle hoxe ao alcalde da Coruña, Juan Losada, as 12.000 sinaturas de apoio recollidas pola Xunta de Galicia nas cidades galegas. Outra iniciativa terá lugar este venres e sábado, cando se desenvolva a terceira edición do Fashion Festival Singular Stop, que baixo o lema A torre de Hércules está de moda, ofrecerá coleccións de creadores e artistas locais, nacionais e internacionais así como seis modistos galegos. No marco das fogueiras de San Xoán, o artista coruñés Romero ofrecerá un particular homenaxe a Torre: unha cacharela creada con madeira que chega de 14 países de Europa e Suramérica.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Parabéns!

Parabéns!

A Unesco recoñece a Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Torre de Hércules, Moda, UNESCO...