A Xunta compromete o seu apoio á candidatura ao patrimonio inmaterial galaico-portugués á UNESCO

A Xunta tamén apoia

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Presidente da Xunta, Manuel Fraga, comprometeu o apoio da administración galega á candidatura ao Patrimonio Inmaterial da UNESCO para a tradición galaico portuguesa. O Presidente asegurou que este recoñecemento “axudaría a consolidar a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” e que supón “a culminación dun arduo traballo dos promotores a través das campañas de divulgación” levadas a cabo pola agrupación “Ponte...nas ondas”. Fraga participou no acto oficial de presentación da candidatura no Porto, acompañando a dous ministros do goberno portugués. Ata o momento, a candidatura galego-portuguesa contaba co apoio do Goberno portugués e do español.

Máis información en La Voz de Galicia; o noso tema do día

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, UNESCO, Manuel Fraga, La Voz de Galicia...