España e Portugal asinan hoxe o seu apoio á candidatura do Patrimonio Inmaterial galego portugués á UNESCO

Sinatura para o patrimonio inmaterial

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
De non haber mudanzas na axenda, a Ministra de Cultura, Carmen Calvo, e o seu homólogo portugués asinarán hoxe o apoio oficial dos dous países á candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués á UNESCO. Esta sinatura celebrarase no marco do Cumio Hispano Luso que se celebra hoxe en Compostela e que reúne representantes dos gobernos centras dos dous países onda delegados das autonomías fronteirizas co país luso. O apoio estatal á candidatura permitirá que antes do vindeiro día quince, prazo límite, se entregue en París o documento solicitando o recoñecemento da UNESCO a este legado.

Máis información en Vieiros e no noso tema sobre a candidatura

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, UNESCO, Vieiros, Portugal...