Quiosco: Grial 202

Os setenta anos do Sempre en Galiza centran os contidos do novo número

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Quiosco: Grial 202

Xa está nos quioscos a nova entrega de Grial, correspondente ao número 202. O setenta aniversario da edición do Sempre en Galiza de Castelao centran boa parte dos contidos do volume, cun monográfico coordinado por Henrique Monteagudo e que inclúe, canda ao seu, nomes como Lourenzo Fernández Prieto, Álex Alonso Nogueira, Craig Patterson e César Domínguez. Ademais, o monográfico inclúe tres cartas de Castelao e unha de Virxinia Pereira. Un debate sobre diversidade lingüística na lusofonía, artigos sobre a situación de Cataluña, a renuncia do papa Bieito XVI ou as habituais seccións de crítica literaria e axenda completan os contidos do número.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Grial 193

Quiosco: Grial 193

Valentín Paz Andrade e Isaac Díaz Pardo protagonizan o novo número da revista

Quiosco: Grial 184

Quiosco: Grial 184

A revista presenta en Ourense o seu número dedicado ao aniversario de A esmorga

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Sempre en Galiza, Castelao, Álex Alonso...