Quiosco: Grial 193

Valentín Paz Andrade e Isaac Díaz Pardo protagonizan o novo número da revista

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Capa de Grial 193

Capa de Grial 193

O traballo de Valentín Paz Andrade e mais de Isaac Díaz Pardo como emprendedores galeguistas centran o número 193 da revista Grial, que acaba de saír do prelo. Textos dos dous persoeiros, artigos sobre o seu traballo da man de Xoán López Facal, Uxío Labarta ou Fernando Salgado, así como lembranzas de Alonso Montero e Neira Vilas sobre a figura do fundador de Sargadelos ocupan boa parte desta entrega. Canda a isto, un artigo sobre as posibilidades de Galicia como parte da Lusofonía, da man de Henrique Monteagudo e Serafín Alonso Pintos, ou unha análise sobre xornalismo e novos medios da man de Carlos G. Reigosa son outros dos contidos que se poden atopar no número.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Gallegos 23

Quiosco: Gallegos 23

Isaac Díaz Pardo protagoniza a nova entrega da revista de Ézaro Edicións

Quiosco: Grial 202

Quiosco: Grial 202

Os setenta anos do Sempre en Galiza centran os contidos do novo número

Quiosco: Grial 191

Quiosco: Grial 191

Os 40 anos do ILG protagonizan a última entrega da revista de Galaxia

Quiosco: Grial 187

Quiosco: Grial 187

A lectura dixital centra o último número da revista cultural

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Isaac Díaz Pardo, Valentín Paz Andrade, Carlos G. Reigosa...