Quiosco: Gallegos 23

Isaac Díaz Pardo protagoniza a nova entrega da revista de Ézaro Edicións

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Quiosco: Gallegos 23

A sede do Consello da Cultura Galega en Compostela acollía na tarde de onte a presentación pública do número 23 da revista Gallegos. Isaac Díaz Pardo protagoniza a nova entrega da publicación, cun caderno central que recolle artigos de Xavier Seoane, Teresa Pena, Daniel Beiras, Camilo e Xosé Díaz, Francisco Díaz-Fierros ou Ramón Villares entre outros. Canda a eles, o volume achega entrevistas a Manuel Sánchez Salorio, ao Ministro de Saúde arxentino Jorge Lemus e a Víctor López Rúa. Textos sobre a historia da elaboración de tabaco no noso país, a paisaxe da Ribeira Sacra ou o traballo de Sergio Portela son outros contidos presentes no novo número, que sae á venda a un prezo de quince euros.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Galegos 18

Quiosco: Galegos 18

A etapa galega de Picasso centra a nova entrega da revista de Ézaro Ediciones

Quiosco: Raigame 37

Quiosco: Raigame 37

Isaac Díaz Pardo protagoniza a revista do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo

Quiosco: Grial 193

Quiosco: Grial 193

Valentín Paz Andrade e Isaac Díaz Pardo protagonizan o novo número da revista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Isaac Díaz Pardo, Víctor López, Xavier Seoane, Xavier Seoane...