Estudantes de Educación Social promoven un manifesto a favor do galego

Remitíronllo ás institucións e partidos políticos

Imaxe do acto celebrado na Casa de Rosalía
Imaxe do acto celebrado na Casa de Rosalía
Case 70 alumnos de Educación Social da Facultade de CC. da Educación da Universidade de Santiago deron onte lectura, na Casa de Rosalía de Padrón, a un manifesto que elaboraron baixo a titoría do profesor Antón Costa. No texto os alumnos amosan a súa proecupación "polo presente e o futuro do galego" e afirman descoñecer a existencia dun Plan de Normalización Lingüística activo desde hai dez anos. Os estudantes, de primeiro curso, advirten que segue a haber "abundancia de estereotipos sociais e lingüísticos ao redor da lingua galega". Os estudantes tamén afirman descoñecer se se "están a emprender medidas adecuadas e favorables á causa do galego" por parte das Administracións.