A “fuga de cerebros” que se dá desde Galicia cara a universidades madrileñas é unha das cuestións que está a ocupar máis páxinas neste comezo de curso. O escaso números de bolsas ás que poden optar os investigadores galegos no noso paÃs motivan a súa emigración, segundo está a revelar La Voz de Galicia nunha serie de reportaxes. Trinta e un estudantes cunha nota media superior ao nove marcharon só o ano pasado para a capital estatal. Pola súa banda, a ConsellerÃa de educación anunciou que a súas vindeiras medidas, logo de aplicar a gratuidade dos libros de texto, irán encamiñadas a conseguir un maior recoñecemento social dos profesores. A nivel galego, o número de alumnos que comezan o curso este ano diminúe nun total de 7.188 estudantes.
Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego