A Xunta anuncia que os libros de texto serán de balde para todo o ensino primario xa desde este mesmo curso

De balde para xa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A falta de cinco días para o inicio do curso escolar, a Xunta de Galicia anunciaba onte que ampliará a gratuidade dos libros de texto para todos os cursos de ensino primario. Deste xeito, o goberno amplía a medida a tres novos cursos, o que suporá un custo de trece millóns de euros. A medida aprobarase oficialmente no Consello da Xunta de mañá e incluirá unha fórmula para voltarlle os cartos aos pais que xa adquiriran este material. Diferentes federacións de pais de alumnos amosaron a súa ledicia pola medida, que suporá un aforro de catrocentos euros por termo medio para as familias. Pola súa banda, os libreiros e os editores amosaron a súa preocupación por unha medida que, aseguran, prexudicará seriamente a estes sectores e acusan a Xunta de non ter dialogado con eles.

Máis información en La Voz de Galicia; en El Correo Gallegoe en La Opinión

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Editores, La Opinión, El Correo Gallego...