Tres titulacións incorpóranse ao plan de estudos definido por Boloña

Os alumnos que estrean plans comezarán e rematarán o curso en prazos diferentes do resto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Aínda que as clases na Universidade de Santiago de Compostela non comezan ata o vindeiro 1 de outubro os alumnos de Matemáticas e Ciencias Políticas xa están incorporados ás aulas. Son os estudantes dos primeiros cursos das titulacións que estrean plan, acorde cos novos criterios establecidos polo Espazo Europeo Superior. Entre outras novidades para estes programas, os alumnos trasladarán a xullo os exames de setembro. Na Universidade de Vigo os Alumnos de Belas Artes serán os encargados de estrear o novo marco universitario pero, a diferenza dos de Santiago, comezarán máis tarde que o resto (o vindeiro día 25 de setembro).

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Boloña, Belas Artes, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo...