Os estudos de FP comezan hoxe con mil seiscentos alumnos menos

Os alumnos “profesionais”

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Logo de iniciarse o curso nos niveis de primaria e secundaria, chégalle o momento aos alumnos de Formación Profesional. Segundo os datos da Consellaría, 32.280 alumnos volven hoxe ás aulas. Son 1.637 estudantes menos e dividiranse entre estudos de grado medio (13.349) e de grado superior (16.635). Hoxe tamén comezarán as clases para os alumnos das ensinanzas de réxime especial, que afectan á música, artes plásticas e deseño. Entre todos eles, cómpre destacar a posta en marcha da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, que comezará en Vigo a súa primeira promoción con 36 prazas de dirección e 24 para a interpretación.

Máis información no web da Consellaría de Educación

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Secundaria, Educación, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Consellaría de Educación...