O Instituto de Moda de Allariz convertirase en Centro Autorizado de Grado Superior de Artes Plásticas e Deseño

Moda con clase

| Santiago.Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Galicia achégase ás clases de moda. Primeiro foi coa creación dun centro en Allariz que evitaba que para estudiar moda houbera que emigrar. Agora, xa non só se pode estudiar aquí, senón que ademais estes estudios teñen validez oficial. E é que o Instituto de Tecnoloxía e Deseño Téxtil acaba de obter o rango de Centro Autorizado de Grado Superior de Artes Plásticas e Deseño. Cualificación que concede a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó autorizar o curso de Estilismo de Indumentaria pertencente ó Ciclo Formativo de Grado Superior de Artes Plásticas.

Máis información na web do Instituto de Tecnoloxía e Deseño Téxtil

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Allariz, Tecnoloxía, Educación...

Claves

Lugares