A Universidade de Vigo aproba a titulación propia en Deseño Téxtil e Moda

O título de moda

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A titulación en “Deseño Téxtil e Moda” é unha realidade desde onte. Foi cando se reuniu o Consello de Goberno da Universidade viguesa e aprobou a creación desta titulación propia. Un feito que pecha varios anos de negociacións, problemas e continuos adiamentos que obtivo un apoio firme o pasado mes de febreiro logo de que as parte implicadas (a Deputación, Concello de Pontevedra, Caixanova, Cámara de Comercio e a universidade viguesa) asinaran un convenio. O curso, que comezará o vindeiro 24 de setembro, contará con 25 alumnos que aboarán 3.600 euros en concepto de matrícula.

Máis información no Duvi e sobre a titulación na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Universidade de Vigo, Concello de Pontevedra, Culturagalega...