A Universidade de Santiago comeza o curso con 2.000 alumnos menos que no curso anterior

USC-2000

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Case dez mil estudiantes menos que en 1997. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) continúa a perder alumnos desde ese ano. Para este curso 2003/2004 serán arredor de 33.000 os universitarios na capital, dous mil menos que no curso anterior. A carreira que máis alumnos perde é Económicas, e só catro titulacións con límite de prazas teñen aínda sen cubrir todos os seus postos. A pesar do descenso, desde a USC son optimistas no sentido que este ano se produciu un incremento de arredor dun centenar de alumnos na matrícula de primeiro curso.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Universidade de Santiago de Compostela, La Voz de Galicia