Os centros de ensino galegos destacan nos premios á Alfabetización Audiovisual

Cacheiras, Teo, A Guarda e Santiago obteñen galardóns e mencións no certame do Ministerio de Educación

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os premios á Alfabetización Audiovisual que convoca o Mnisterio de Educación, Cultura e Deporte teñen na súa segunda edición inequívoco sabor galego, xa que dous dos tres galardóns outorgados foron para centros do noso país. En concreto o CEIP A Rúa de Cangas, viu recoñecido o seu proxecto Cineando ilusións, no que os alumnos elaboraron un documental sobre a antiga conserveira Massó. Ao tempo, no apartado de secundaria alzouse co galardón o IES Cacheiras, en Teo, polo proxecto Persoas. Cada un dos centros recibirá 3.000 euros polo seu traballo.

Ademais, o xurado decidiu outorgarlles mencións especiais a outross dous proxectos galegos. Así o Centro Secundaria A Sangriña de A Guarda viu recoñecido o seu traballo co Proxecto Socheo, a prol da recuperación da memoria audiovisual do lugar. Tamén o IES Antonio Fraguas de Santiago obtivo unha mención pola súa iniciativa Fraguando a diversidade.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Teo, Ensino, A Guarda...