Ao igual que o ano pasado, un total de 21 bibliotecas galegas viron recoñecidos os seus proxectos de dinamización lectora. O Ministerio de Cultura e Educación recoñeceu con cadanseu premio María Moliner o traballo de 300 centros de todo o Estado situados en concellos de menos de 50.000 habitantes. No noso país foron nove centros da provincia de Pontevedra (Cambados, Catoira, Ogrove, Mos, Poio, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Vilagarcía de Arousa), sete da Coruña (Boiro, Cariño, Cerceda, Culleredo, Oleiros, Ordes e Rianxo), tres de Ourense (Muíños, Pereiro de Aguiar e Verín) e dous de Lugo (Antas de Ulla e O Saviñao). Entre elas, moitas xa recibiran anterioremente recoñecementos nestes galardóns, como as de Culleredo, O Saviñao, Vilagarcía ou Verín. Os centros recoñecidos recibirán un lote de material cedido polo Ministerio.
Os proxectos de 21 bibliotecas galegas foron recoñecidos nos premios María Moliner
Recibirán cadanseu lote de material do Ministerio de Cultura e Educación
22 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
21 lugares identificados