Marcos Calveiro, Jacobo Fernández, Xosé Henrique Ribadulla Corcón, David Vázquez e Sabela González recibiron o pasado venres os XI Premios Frei MartÃn Sarmiento. Os alumnos dos centros integrados na Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos (Ferega-Ceca) foron, como cada ano os responsables de seleccionar os premiados neste certame que se convoca en colaboración coa a ConsellerÃa de Cultura. En concreto, os galardóns foron para Marcos Calveiro na categorÃa de 1º e 2º de Educación Primaria, pola obra Raro. Jacobo Fernández e a banda deseñada Marcopola e a illa remeira triunfou en 3º e 4º de Educación Primaria, mentres Xosé Henrique Ribadulla Corcón foi escolleito entre os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria por Soños de mar. En ESO David Vázquez impúxose en primeiro e segundo curso por Améndoas e flores silvestres, mentres para terceiro e cuarto a mellor foi Sabela González e a súa Bágoa da lúa.
En paralelo a esta entrega, AgustÃn Fernández Paz recibiu, tamén o venres, o Premio dos Clubs de Lectura da Bibliotecas Escolares de Galicia. Con este galardón recoñéceselle como o autor galego máis lido nos grupos de lectura vencellados ao ensino no noso paÃs.