Arredor de 2.500 estudantes das Escolas Católicas de Galicia escolleron os gañadores dos XIV Premios Frei Martín Sarmiento. Luis Prego con Xogos musicais resultou vencedor na categoría infantil, Ánxeles Ferrer fíxose con O sombreiro do mago co premio escolleito por alumnas e alumnos de primeiro e segundo de primaria, Helena Villar Janeiro, con Contos do sol e da lúa foi a máis votada en terceiro e cuarto de primaria mentres Xoán Babarro resultou o favorito para os alumnos dos últimos cursos deste ciclo con Hilario e os tres medos.
En ESO os primeiros dous cursos decantáronse por Tras a sombra do bruxo de Francisco Díaz Valadares, mentres en terceiro e cuarto a obra máis votada foi a banda deseñada Presas fáciles de Miguelanxo Prado. Finalmente, Antón Riveiro Coello foi o vencedor, con A ferida do vento entre lectores e lectoras de baharelato e adultos.
Canda a estes galardóns, o pasado venres catro de maio as Escolas Católicas de Galicia entregaron tamén os premios do certame REC.Curta, que foron para Pezas, do colexio Padres Franciscanos de Lugo na categoría de alumnado de primeiro, segundo e terceiro da ESO. Na de cuarto da ESO e Bacharelato, o traballo seleccionado foi Cartas a ti, raíña, realizado por estudantado do colexio Calasanz-Escolapios da Coruña.