Xosé Tomás e María Solar gañan o Frei Martín Sarmiento

Coñécense os gañadores do XXI Premio Literario Xaime Isla Couto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O IX premio literario Frei Martín Sarmiento, que escollen os alumnos dos centros agrupados na Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas, ten xa gañadores. A Festa da Lingua que se celebrou o pasado 8 de maio acolleu a entrega destes galardóns a Xosé Tomás e María Solar por Vou ter un irmán na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria. Para os alumnos de 1º e 2º de ESO os mellor libro foi Mortos de ningures, de Ledicia Costas e Pere Tobaruela, mentres que para na categoría de 3º e 4º de ESO e mais bacharelato impúxose O noso amor será eterno de Armando Ribadulla Corcón.

Ao tempo, déronse a coñecer os gañadores do XXI Premo Literario Xaime Isla Couto, que organiza o Concello de Poio e que este ano recibiu 142 traballos. En total entregáronse 11 dos 12 premios, seis para obras de prosa e cinco de poesía en categorías que cobren desde os seis ata os 25 anos. Os galardóns entregaranse nun acto o vindeiro 17 de maio.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Tomás, María Solar, Xosé Tomás, Martín Sarmiento...