Sarabela Teatro inicia a temporada con Pequenas certezas

Ourense acolle a estrea da obra o vindeiro 24 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Sarabela Teatro inicia a temporada con Pequenas certezas

A desaparición dun home provoca que a súa familia e amigos descobran as diferentes visións que tiñan sobre el. Esta é a base de Pequenas certezas, a nova montaxe de Sarabela Teatro para estas temporada. A obra, que parte dun texto de Bárbara Colio, poderá verse en Ourense a partir do vindeiro 24 de setembro e ata o día 27. O enfrontamento entre os membros da familia e os problemas derivados dunha fraude amosan "seres desamparados ante a certeza de que só poderán sobrevivir se poden asirse ás pequenas convicións cotiás que a vida lles dá", segundo explica a presentación da obra.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sarabela Teatro, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares