Non se pode comprender a Galicia dos últimos trinta anos sen a referencia gráfica dos labirintos, espirais e cérvidos da arte atlántica rupestre. Especialmente nos anos 80 foron usados como marcas en empresas, proxectos sociais e entidades de todo tipo que querÃan asociar os seus proxectos á forte identidade cultural destas imaxes da nosa Prehistoria. Pero afeccionados e arqueólogos están a identificar os compoñentes dun xeito distinto de facer arte rupestre: a arte esquemática. E localÃzana na frontera de Galicia.
"O Támega foi unha auténtica autoestrada cara o interior ao longo da Historia", sinala Bea Comendador, decana da Facultade de Historia da Universidade de Vigo (Campus Ourense) e unha das investigadoras dos proxectos que están a explorar a dispersión, difusión e caracterÃsticas da arte rupestre do curso alto do rÃo Támega. Unha riqueza descoñecida ata hai poucos anos, e que afeccionados locais primeiro e logo un grupo da Universidade de Vigo están a descubrir e investigar. "O que estamos a estudar é un indicio da riqueza que agacha Ourense no ámbito da arte rupestre, unha riqueza que debemos explorar e que está pedindo que se visibilice a súa importancia. Eu penso que é semellante á que pode ter a arte máis canónica da zona litoral".
Bea Comendador refÃrese á coñecida como "arte atlántica rupestre", o famoso conxunto de signos e escenas que caracteriza a visión clásica dos petroglifos galegos: desde labirintos, espirais, circoliformes, ata os famosos cérvidos e escenas de caza. Ata hai uns vinte anos considerábase que esta arte atlántica estendÃase polas proximidades do litoral das RÃas Baixas e do norte de Portugal, pero iso está cambiando con rapidez nas últimas décadas, coa aparición de importantes conxuntos de arte rupestre en territorios tan distintos e distantes como Carnota, Vilarmaior ou o Deza e a Ulloa. E en cada unha desas zonas, variantes locais, novos sÃmbolos, que incrementan o catálogo de formas de arte rupestre de Galicia.
Pero o que está aparecendo na zona do Alto Támega é distinto e ten importantes implicacións arqueolóxicas para o coñecemento do territorio. En primeiro lugar tradúcese nun impresionante rexistro de estacións de arte rupestre en apenas dous anos. "Só nesta campaña de 2014 documentáronse 70 estacións novas", sinala Bea Comendador, quen sinala que os principais motivos localizados son os coñecidos como "coviñas", pero tamén outros motivos como ferraduras, cruciformes, podomorfos.
"Por entendernos, dividimos o mundo da arte rupestre do noroeste da PenÃnsula entre a arte atlántica, con motivos de cÃrculos concéntricos, escenas e motivos figurados, que está na área occidental, pero cara o interior hai unha especie de gran bolsada que se dá en chamar arte esquemática e na que posiblemente se mesturan cousas moi distintas", sinala Comendador, quen sinala as dificultades de identificar estes estilos "xa que ao ser unha zona transfronteiriza na actualidade é moito máis difÃcil acceder á información". A arqueóloga precisa tamén que un "estilo" de petroglifos non é únicamente un conxunto de signos, senón moitos máis factores, coma o emprazamento, a preferencia dun tipo de rochas sobre outras, etc.
O grupo de investigación solicitou nesta campaña financiamento do programa INOU 2014 da Deputación de Ourense e combina o traballo de campo no Alto Támega coa sistematización e procesado dos datos nun IDE (Infraestructura de Datos Espaciais) hospedado no Centro de Supercomputación de Galicia. A campaña 2014 estivo dirixida por Félix González.
O enigma da cronoloxÃa
Os investigadores aÃnda están na fase de documentar as estacións de arte rupestre que se estudaron en detalle, coma o petróglifo das Cuncas, en Vences e os de Penedo do Mouro 1 e 2 en SandÃn, todas as estacións en Monterrei. Pero a documentación dos petroglifos sitúa nestes momentos grandes retos aÃnda. Por exemplo, os conxuntos de arte rupestre de coviñas son moi difÃciles de encravar. "No caso do sitio das Cuncas, xogamos cun marco de hipótese cronolóxica que vai do neolÃtico final ata a Idade do Ferro máis recente", sinala Bea Comendador, colocando varios miles de anos no horizonte.
"O que nos pasa con outro tipo de motivos, coma os cruciformes ou as ferraduras, é que autores como Ferro Couselo consideraron no seu momento que era modernos e, xa que logo, non tiñan importancia", indica Bea Comendador, "pero nós o que vemos é que hai moitos motivos que teñen coherencia interna, e consideramos que poden ser comprendidos de acordo cunha cronoloxÃa da Idade do Ferro, como ten suxerido Manuel Santos Estévez para este tipo de motivos". Asà que o que estarÃamos a ver nesta arte figurada é unha representación artÃstica da época dos castros, aÃnda que non comprendamos o seu significado.
"Por outra banda, esta é a zona lÃmite da arte esquemática pintada, que é dunhas cronoloxÃas motÃsimo máis antigas, e que se estende por Zamora, a Serra da Culebra en Portugal, a zona de Mirandela. Esta zona suroriental galega está no lÃmite desa arte esquemática pintada", avanza Bea Comendador. Un dos conxuntos estudados este verán polo equipo "insértase claramente no mundo da arte esquemática", que é o Penedo do Mouro. Alà mesmo apareceu un motivo novo sen paralelos, segundo os investigadores, na arte rupestre da PenÃnsula Ibérica: unha sorte de chave que parece estar reflectida simétricamente.
Os investigadores estiveron buscando paralelos para esta arte esquemática que parece construirse moito a partir de xeometrÃas, de reflexos simétricos, con esa estraña figura. "Primeiro Buno Rúa pensou que lembraba ás figuras dos barcos dos petroglifos nórdicos, pero este trazo non está dentro da sintaxe da arte figurada narrativa, é máis ben un signo", descarta Bea Comendador. "Buscamos referentes na arte atlántica, nos serpentiformes, nalgún efecto espello coma o que se dá na Laxe das Lebres, pero eran disimétricas. No que estamos agora revisando, poderiamos atopar referentes nos motivos da plástica castrexa, nos sogueados, nalgúns motivos representados nas pedras formosas de Briteiros, na ouriverÃa... O mundo castrexo xoga moitÃsimo coa xeometrÃa".
O novo estilo, o seu contexto, parece corresponderse co universo simbólico da Idade do Ferro, pero o significado segue tan misterioso coma os petroglifos de épocas anteriores. A vontade dos investigadores é seguir investigando na área para seguir obtendo as claves que definen as antigas culturas de fronteira.