Víctor Coyote debuta na BD infantil con Tío Budo

Xerais publica este mes o terceiro volume da Marcopola de Jacobo Fernández

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Víctor Coyote debuta na BD infantil con Tío Budo

A editorial Fulgencio Pimentel presenta o vindeiro 29 de setembro Tío Budo. A primeira incursión de Víctor Aparicio Abundancia (Víctor Coyote) na banda deseñada para crianzas é unha historia de 48 páxinas a cor que se presenta como un conto clásico no que dous rapaces tentan convencer o seu tio para que corte a barba. O volume inclúe o Manual del perfecto tío, e sae á venda por 19 euros.

Tamén para os máis novos vai dirixido o terceiro volume de Marcopola, a illa remeira. Edicións Xerais publica este mesmo mes Dragoneta, unha obra a toda cor de 56 páxinas na que o autor vigués continúa as aventuras da peculiar illa e dos seus amigos. É o primeiro volume da serie que sae publicado en galego antes do que noutras linguas, aínda que está previsto que Bang! Ediciones publique as versións en castelán, francés e catalán a partir da vindeira primavera.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jacobo Fernández, Banda deseñada, Edicións Xerais

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos