Compostela acollerá a incubadora cultural WOS INC

O proxecto desenvolverase entre o 14 e o 16 de setembro en diferentes espazos da cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Compostela acollerá a incubadora cultural WOS INC

Visibilizar novas propostas en diversos ámbitos da cultura coa música como elemento aglutinador. Esta é a base de WOS INC, que se presenca como "a incubadora de ideas galega" e que se celebrará en Compostela entre o 14 e o 16 de setembro. Espazos como o CGAC, a Sala Capitol, a Zona C, a Fundación Autor ou o Teatro Principal participan da iniciativa. O programa do encontro incluirá grupos como Place to Bury Strangers, Ensemble Economique, Red Fang, Spindrift, The Cosmic Dead ou Wooden Wand, canda a aristas multidisciplinares como Miguel Noguera ou Kiko Amatson. Tamén haberá presenza galega con nomes como Guerrera, Unicornibot ou a orquestra Metamovida.

Literatura, creación audiovisual, artes escénicas ou gastronomía son algúns dos ámbitos que se sumarán á música durante o evento que coordina a produtora Work on Sunday e que se celebrará ao abeiro do festival Compostela Rock.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con WOS, Teatro, Sala Capitol, Fundación Autor...