Tres novas pezas de danza sairán a escena mercé ao apoio do programa de residencias do Centro Coreográfico Galego, integrado na Axencia Galega das Industrias Culturais. Trump!, a proposta de Cristina Collazo Gómez para achegar aos máis pequenos no mundo da danza foi unha das montaxes escolleitas canda a Solipismo, de José Ángel Ríos Casás, unha peza de 20 minutos con música de piano ao vivo. Canda a estas, desenvolverase no marco deste programa Hibridology, un proxecto internacional no que participan Martina Martínez Barjacoba e Ares DAngelo en colaboración co Teatro Ensalle de Vigo canda a varias entidades internacionais. A iniciativa pretende desenvolver unha serie de residencias artísticas entre España, Italia e Bélxica coa intención de establecer redes de contactos creativos a partir da experiencia da obra concreta.
Neste programa Centro Coreográfico achega as súas instalacións para os ensaios e a montaxe da obra, ademais de "apoio loxístico e de asesoramento tanto a nivel artístico como en relación cos procesos de montaxe e distribución". A propia sede do centro acollerá a presentación ou exhibición das montaxes seleccionadas.