Dentro da "Guía da Música Electrónica Galega: cómo non perder o loop", hoxe publícase a segunda entrega que localiza no mapa do país os principais clubes, festivais e centros culturais que apostan pola difusión da música electrónica.
Galicia está chea de puntos de encontro para a difusión da música electrónica: clubes, discotecas, salas de concertos, festivais, escolas de produción… varios organismos que traballan día a día para a formalización desta música.
A través de Googlemaps o "Roteiro da Electrónica Galega" clasificamos en tres itinerarios os diferentes movementos desta música:
1. As pistas de baile máis electrónicas: os clubes
Son moitos os clubes e discotecas en Galicia que se entregan a esta música. Nas catro provincias atopamos locais máis alternativos e outros que se adican á difusión desta música electrónica pero baixo un ton máis comercial. Falamos como por exemplo de Playa Club da Coruña, centro da vangarda e sons máis avanzados. Pero non só soa esta música na urbe coruñesa: outras salas como El Pantalán ou Le Club tamén permanecen como espazos para o disfrute da música electrónica. Non se pode esquecer outras vilas e cidades coruñesas que destacan polos seus locais: As Pontes, Ordes, Santiago de Compostela, Ferrol ou Narón son algunhas delas. Nesta provincia picadiscos e produtores residentes destes locais fórxanse noite tras noite, conformando a historia da música dos sons futuristas no norte do país.
Vigo é outro centro neurálxico como xa foi nos anos oitenta. Grazas á Sala Playmovil e ao Master Clube o ritmo na cidade olívica non para. Concellos máis pequenos coma A Cañiza, Cangas, Moaña, O Grove, e Vilagarcía teñen clubes do nivel dos que se poden atopar nas principais cidades.
A cidade das Burgas, Ourense, conta cunha escena electrónica máis reducida, pero Monkey Clube e La Fábrica 5 achegan o mellor grazas aos seus picadiscos residentes.
A provincia de Lugo pode presumir de que a Mariña luguesa conta cunha variedade de locais afíns a todos os estilos de música electrónica: Soho Clubbing en Viveiro ou Dolce Vita en Burela. Vilalba e a cidade de Lugo tamén contan cunha escea electrónica activa.
2. Os festivais que se quedaron e os que marcharon
A pesar do corto periplo da historia da electrónica galega algúns festivais naceron para quedar, e outros moitos non puideron subsistir á escasa asistencia, a falta de apoios e a testán crise. Estamos a falar do caso Sónar Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia, que perdurou só dous anos en Galicia. O mesmo lle acontecería a Creamfields, 981 Festival ou Fresh Weekend.
Actualmente outros moitos naceron e algúns permanecen nestes duros tempos. Wake Up Electronic Parties é un exemplo de consolidación no tempo, aínda que este concepto nacese tres anos atrás. Freelive é o festival que renaceu tras sustituir ao Fresh Weekend e que hoxe en día é un dos festivais máis importantes da península ibérica.
Fermaz Festival ou Maniños Music Festival son os máis recentes e que todavía están despegando.
3. A música electrónica cultural e educativa
Grazas a eclosión que esta música viviu dende o seu despegue aló polos noventa, foron moitos os que se interesaron polo movemento cultural que estaba a xerar. O CGAC é un dos precursores desta música a través do seu Festival de Músicas Contemporáneas ou dos eventos pasados como as ‘’Xornadas de Poética Electrónica’’. A Fundación Seoane da Coruña tamén se fixo eco, e durante uns anos apoiou á difusión e á formación de artistas do eido desta música.
Actualmente a electrónica conseguiu que varias escolas formen e especialicen a novos productores e picadiscos. En cada provincia galega existen escolas de producción que a través de profesionais con longa traxectoria imparten cursos e clases: Innowave Studios, Le Club 3.0. ou Monkey School son algunhas delas.