O pavillón multiusos do Sar en Compostela será unha festa electrónica entre o once e o doce de outubro coa celebración do festival SAR´01, que concentrará na capital galega algúns dos máis destacados pinchadiscos do panorama internacional. Todas as variedades da música electrónica, desde o techno ó house, estarán presentes do programa. O festival forma parte dos encontros de música electrónica que o House Club La Real, de Oviedo está a producir por toda a zona norte de España.
Convidados
Este festival, que se celebra por primeira vez, está previsto que convoque unhas oito mil persoas provintes de toda a Península que durante dous días bailarán ó ritmo da mellor música electrónica. Segundo sinala a web da organización, o plantel de artistas convidados é o máis completo que se ten visto nos últimos tempos neste tipo de festivais. E realmente parece que vai ser así, xa que os principais dj´s xa confirmaron a súa asistencia. Así, acudirán a Compostela destacados pinchadiscos internacionais coma Luke Slater, Joey Beltram, James Ruskin, Steve Rachmad, Regis que realizará un "live act". Xa máis de preto virán Oscar Mulero, Pepo, Ángel Molina, Rudy, Higinio, Eulogio, Ángel García, Panic ou Tobias Serrano entre outros. Onda os máis recoñecidos artistas internacionais o festival traerá a algúns dos máis prometedores pinchadiscos do panorama mundial.
Variedade e calidade
Segundo sinala a organización, o festival abranguerá os principais estilos dentro da música electrónica, do techno ó house pasando por variedade coma o deep. O recinto do pavillón estará separado en dúas zonas, unha dedicada ó son máis techno e outra na que predominarán ós acordes máis tranquilos do House, establecéndose nesta última unha zona de descanso. Segundo a organización, neste encontro pretenden establecer unha marca de calidade, e para isto contan con destacados técnicos de son, de luz e de efectos visuais. Agárdase que o pavillón albergue pantallas xigantes, canóns laser e todo o necesario para convertilo nunha auténtica discoteca. Polo momento non se coñecen os horarios concretos nin o prezo das entradas a este encontro.