Xosé Neira Vilas é homenaxeado co Premio Otero Pedrayo

As Deputacións Galegas fallaron onte o galardón que recoñece a súa contribución á cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O xurado do Premio Otero Pedrayo, que convocan anualmente as catro deputacións galegas, acordaba onte outorgallo nesta edición a Xosé Neira Vilas. O galardón, que recoñece contribucións destacadas á cultura galega, valorou o autor de Memorias dun neno labrego como "unha das figuras máis representativa das letras galegas actuais, pola súa inxente labor a prol da cultura galega; por ter contribuído ó longo de toda a súa vida a difundir a cultura e tradición de Galicia e por unir a xeracións durante anos entorno á nosa historia, á nosa lingua e á identidade e características propias".

O presidente da Real Academia Galega e membro do xurado, Xesús Alonso Montero, definiu o homenaxeado como "o candidato de todos os cidadáns da cultura galega". Canda a el, facían parte do xurado representantes das deputacións, das secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística, da Universidade de Vigo e do CSIC entre outros.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Neira Vilas, Identidade, Xesús Alonso Montero, Política Lingüística...