A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia aposta pola escena internacional

O festival arrinca o 19 de xullo coa estrea da Tempestade de Shakespeare, interpretada por Voadora

Hoxe pola mañá presentouse no CCG a XXX Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. A organización destacou que nesta XXX edición traerase por primeira vez a Galicia ao director inglés Declan Donellan, un dos grandes nomes do teatro internacional. No programa da MIT 2014 convivirán nomes coma Emma Dante, unha das máis recoñecidas directoras de escena de Italia, que chegará a Ribadavia inmediatamente despois de presentar a súa obra de teatro-danza “Le sorelle Macaluso” no festival de Avignon, coa obra dos galegos Chévere ou cun ciclo sobre o novísimo teatro arxentino.

[nota de prensa oficial]

PROGRAMA 30ª MIT RIBADAVIA

Venres Día 18 de xullo (PRE-MIT)

- Concerto de Josito Porto con Factoría da subsistencia. 20:30 Café – concerto SON Ribadavia.

- Teatro do Vilar. Aquí non paga ninguén, de Darío Fo. Auditorio do Castelo Off MIT – 23:00 – Apoio da MIT ao teatro afeccionado de Ribadavia. Off MIT.

Sábado Día 19 de xullo

- 21:00 Inauguración oficial da MIT 2012. Salón de actos Concello de Ribadavia.

- 21:30 Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas.

- Voadora en coprodución coa MIT Ribadavia, CCVF, Teatro Bruto e Mafalda – A Tempestade, de W. Shakespeare – Galiza e Portugal. 23:00 Auditorio do Castelo.

- Pistacatro – Impreuna – Galiza 1:00 Ruadavia: Praza Maior.

Domingo Día 20 de xullo

- Maduixa – DOT – Comunidade Valenciana – 20:00 Casa da Cultura.

- Artistas Unidos – A 20 de novembro, de Lars Norén – Portugal – 21:00 Igrexa da Madalena.

- Teatro Stabile di Napoli, Théâtre Nacional de Bruxelles, Festival d'Avignon e Folkteatern (Götenborg) – Le sorelle Macaluso, de Emma Dante – Italia, Bélxica, Francia e Suecia. 23:00 Auditorio do Castelo.

Luns Día 21 de xullo

- Babaluva – Lume – Galiza – 20:00 – San Cristovo. SputMIT. (Programa L – Apoio ás novas compañías)

- Artistas Unidos – A 20 de novembro, de Lars Norén – Portugal – 21:00 Igrexa da Madalena.

- Ron Lalá e CNTC – En un lugar del Quijote – Madrid – 23:00 Auditorio do Castelo.

Martes Día 22 de xullo

- Títeres Cascanueces e Títeres Alakrán – Mr. Pancho e a última función – Galicia – 20:00 Santo Adré. SputMIT. (Programa L – Apoio ás novas compañías)

- Cheek by Jowl en coprodución co Barbican de Londres, Les Gémeaux/Sceaux/Scène Nationale e A Comédie de Béthune-Centre Dramatique National du Nord-Pas-de-Calais– UBU ROI – Reino Unido e Francia – 23:00 Auditorio do Castelo.

Mércores Día 23 de xullo

- Títeres Cascanueces e Títeres Alakrán – Mr. Pancho e a última función – Galicia – 20:00 Sampaio. SputMIT. (Programa L – Apoio ás novas compañías)

-Uttópico Teatro – Diante do espello, de Fran Godón (Premio Abrente 2013) – Galicia – 21:00 Igrexa da Madalena. (Programa L – Apoio ás novas compañías)

- Jorge Eiro – Sudado – Arxentina – 23:00 Auditorio do Castelo.

Xoves Día 24 de xullo

- Triatreros – Improperio especial Ribadavia – Galicia – 20:00 Francelos. SputMIT. (Programa L – Apoio ás novas compañías)

- Nacho Ciatti – Alemania – Arxentina – 23:00 Auditorio do Castelo.

- Abrapalabra (Premio do Público MIT 2013) – Decamerón, de Cándido Pazó– Galiza. 1:00 Ruadavia: Adro de Santo Domingo.

Venres Día 25 de xullo

- Teatro de Cerca – Que vaya bonito – Cataluña – 21:00 Igrexa da Madalena.

- Chévere – Viaxe ao país dos ananos – Galiza – 23:00 Auditorio do Castelo.

Sábado Día 26 de xullo

- La Rous – Una niña – Andalucía – 20:00 – Casa da Cultura.

-Jashgawronsky Brothers (Premio do Público MIT 2011) – Trash! – Italia – 23:00 Auditorio do Castelo.

- Os da ría – Espectáculo musical de clausura do 30 aniversario da MIT – Galiza – 1:00 Ruadavia: Praza Maior.