Localizan unha praza pública enlousada no castro de Elviña

O director das intervencións, Fidel Méndez, explica a campaña 2013

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Fidel Méndez, o arqueólogo director do castro de Elviña, explicou nunha entrevista a La Opinión algúns dos resultados da campaña 2013 no castro coruñés de Elviña. Méndez suliñou que o castro era un oppidum, unha cabeceira comarcal, e entre os principais achados están o de dous torreóns monumentais na muralla que dan acceso a unha praza pública enlousada, un elemento pouco habitual na cultura galaica, e que se pode atopar en castros coma o asturiano do Chao Sanmartín. Tamén atoparon un cruce de camiños interior e unha área metalúrxica.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elviña, La Opinión, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares