O MARCO explora as relacións de arte e ciencia coa imaxe

Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento pode verse ata o 12 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Fernando García Correa. Sombra de Bosque (L), 2010. Fonte: MARCO

Fernando García Correa. Sombra de Bosque (L), 2010. Fonte: MARCO

O pasado venres abría as súas portas a nova proposta expositiva do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo. Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento, coproducida polo Museo coa Universidade de Vigo, explora "como artistas e investigadores comparten a necesidade de obter resolucións gráficas e figurativas dos acontecementos ou dos feitos físicos do mundo". O proxecto, comisariado por Alberto Ruíz de Samaniego pon en diálogo traballos de grupos de investigación da universidade, de estudantes de Belas Artes e de creadores invitados, a amosar "nun plano de igualdade os seus procesos de investigación en torno ás imaxes".

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Belas Artes, Igualdade, Universidade de Vigo...